martes, 12 de marzo de 2013

Como axudar aos fillos/as nos estudos



COMO AXUDAR AOS NOSOS FILLOS/AS NOS ESTUDOS


"Nunca consideres o estudo como unha obligación, senón como unha oportunidade para penetrar no belo e marabilloso mundo do saber." (Albert Einstein).



A tarefa de educar aos fillos/as é un dereito e deber primario que teñen os pais/nais. O resto das institucións que aparecen ao longo da escolaridade dun neno/a inciden neste obxectivo pero non se pode delegar esta tarefa tan só nelas, ás familias teñen e deben de implicarse en todo este proceso.


O interrogante que xurde entón é ¿cómo podemos axudar aos nosos fillos/as nos estudos?.

A continuación preséntanse unha serie de pautas que nos axudarán a mellorar o seu rendemento académico.

  1.-A BOA FORMA FÍSICA, PRIMEIRA CONDICIÓN
O estudo ou traballo intelectual é unha actividade psíquica, e como tal está condicionado á boa saúde física, ó benestar corporal. Por iso é adecuado para os estudantes:


 1.1.- Descanso, boa alimentación e exercicio físico
O estudo supón un grande esforzo e concentración. Por iso cansa e fatiga. Para realiza-lo é necesario:
- Durmir entre oito e nove horas.
- Deitarse a unha hora fixa.
- Cear cedo, inxerindo alimentos lixeiros e dixestivos.
- Ter unha dieta variada a base de vexetais, peixe, carne, leite,
ovos e froita.


É importante cos/cas rapaces/rapazas non veñan sen xantar á escola. Deste modo evitaranse os desmaios que se producen pola debilidade e favorecerase o seu rendemento durante a maña.
Tamén debense evitar os doces a media mañá é mais conveniente que traian algunha peza de froita.
- Cómpre realizar algún exercicio físico de xeito moderado e habitual.




2. O LUGAR DE ESTUDO
Entre os factores que afectan á eficacia na aprendizaxe o lugar de estudo inflúe máis do que comunmente se pensa.



 

 
 2.1. Un lugar fixo e sen ruídos
É importante contar cun lugar fixo para o estudo, no que o alumno/a se sinta cómodo. Así resultará mais fácil adquirir un hábito de estudo.
Este lugar debe estar illado o mais posible de ruídos e elementos que poidan provocar distracción; radio, televisión, etc., Estudar con música é o vicio dos estudantes de hoxe. Moitos pretenden enganarse a si mesmos dicindo que así se concentran mellor. Estudar con música é desaconsellable, sobre todo se o traballo require unha grande concentración mental. Si se estuda así, apréndese menos, esquécese antes e non se captan os detalles esenciais.
Sen embargo, nalgunhas actividades, como debuxar, pasar fichasou apuntes a limpo, ou realizar traballos normais que requiren pouca concentración, unha música suave de fondo pode ser incluso aconsellable, porque mantén relaxado e distendido ó estudante.



2.2. Mobiliario
Son imprescindibles unha mesa e unha cadeira adecuadas.
- Débese dispoñer dunha mesa ampla, ordenada, na que este localizable e colla todo o material que se necesite (e so o que se necesite). Hai que ter en conta que cada vez que o alumno/a se levanta da mesa a buscar algo interrompe a atención e terá que volver a buscala de novo para iniciar o estudio.
- A cadeira terá unha altura proporcional ó estudante e á mesa, e un firme respaldo para evitar posturas incorrectas.


2.3.Iluminación
É necesario ter unhas boas condicións de iluminación. Convén que o cuarto dispoña de luz ambiental. Ós destros a luz debe entrarlles pola esquerda e ós zurdos pola dereita. E moi práctico
un flexo ou unha lámpada articulada sobre a mesa con bombilla azul de 60 vatios para reducir a fatiga da vista.


2.4. Temperatura e ventilación
- A temperatura adecuada para o traballo intelectual estímase ao redor dos 20º. O frío produce nerviosismo e fai mais difícil concentrarse, mentras que a calor excesiva invita á inactividade e
produce sono.
- O cuarto de estudo debe ser ventilado con frecuencia. 


 

3. CÓMO ESTUDAR
 

- Preferentemente e a ser posible, estando so. O estudo persoal é indispensable para a reflexión e a asimilación dos temas e as ideas. O traballo en equipo é necesario e aconsellable, pero nunca pode substituír de todo ó traballo individual.
- Tendo todo preparado antes de comezar, sen ter que facer interrupcións.
- Comezando a estudar con enerxía ou cunha postura decidida,pensando que o estudio non é algo que se impón ou obriga, senón un medio de construírse e perfeccionarse, de facerse unha persoa culta e importante. Cando se empeza con rodeos e preguiza o fácil é chegar a non facer nada en serio. Para iso o mellor é ter un horario fixo que facilite o estudo.
- Seguindo un plan ou horario previamente establecido no cal, se faga unha correcta distribución do tempo dispoñible segundo as materias que se teñan que estudar e a dificultade de cada unha delas. Este plan debe ser persoal e adaptado ás circunstancias persoais de cada un. Debe recoller as xornadas ou sesións de estudo, as interrupcións necesarias; o día da semana; os repasos; datas de entrega de traballos ou actividades;…
- Activamente: Empregando tódolos medios e técnicas que favorezan e fagan mais sinxelo o estudo. Para iso débense empregar técnicas de estudo como: esquemas, subraiados, guións, consultas bibliográficas… Facéndose preguntas sobre o lido ou estudado, tratando de relacionar o aprendido hoxe co estudado onte, facendo aplicacións do lido. Entendendo e comprendendo antes de memorizar.



4. AMBIENTE FAMILIAR PROPICIO
 

O ambiente familiar dos alumnos/as que soen obter mellores notas a miúdo, caracterízase por:
- Unidade de criterio entre os pais/nais á hora de esixir ós seus fillos/as disciplina e responsabilidade.
- Firmeza no fundamental, con boas doses de comprensión e tolerancia. Ser firme non implica ser duro ou intransixente. O autoritarismo e a violencia nas expresións ou no comportamento non conducen a resultados positivos.
- Respecto sempre a un horario familiar máis ou menos flexible, a unhas normas de traballo e de conducta correcta, e ó criterio dos demais.
- Comprensión e axuda, valorando o esforzo que realiza o seu fillo/a para superarse cada día.
- Constancia á hora de esixir que os seus fillos/as cumpran coas súas responsabilidades. Non esquezan que, os alumnos/as deberán ter un horario de estudio ó saír das clases. O ideal é que nesta etapa o estudo sexa polo menos dúas horas diarias, durante cinco días á semana e sempre á mesma hora.
- Interese polas actividades do alumno/a, polo seu rendemento durante o curso e polas dificultades que ó longo do mesmo poida experimentar. 

 






Enlace de interese:


No hay comentarios:

Publicar un comentario