martes, 3 de noviembre de 2015

Adición ás novas tecnoloxías, prevención no ámbito familiar

O uso xeneralizado das novas tecnoloxías da información e la comunicación é un fenómeno relativamente recente que está provocando cambios sustanciais na nosa vida cotiá. 
 
As novas tecnoloxías  melloraron a nosa calidade de vida pero tamén orixinan moitos  problemas . 

Pode xenerar adicción o seu uso? Como diferenciamos o uso normal e o uso patolóxico nestas adiciones sen sustancias? Como podemos previr as conductas adictivas?

A través deste video promovido pola Junta de Andalucía (Consejería para la Igualdad y Bienestar Social) abordase a adición que poden sufrir nenos, nenas e xoves ás novas tecnoloxías (internet, móbiles, videoxogos, etc.). Proporciona a pais, nais e titores e titoras as ferramentas necesarias para previr e actuar en relación co mal uso ou abuso das novas tecnoloxías.



viernes, 30 de octubre de 2015

CONCURSO:  "NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO”
Un ano mais vamos a participar no concurso de carteis organizado polo CIM (Centro de Información ás Mulleres), que se convoca entre os centros de Educación Primaria, ESO e Bacharelato do Concello de Bueu. O seu obxectivo é acadar unha maior sensibilización social nos escolares na prevención e erradicación dos comportamentos violentos contra as mulleres.
Os alumnos/as premiados serán convocados para a recollida de premios no Centro Social de Mar nun emotivo acto no que estarán presentes, entre outros, o equipo de goberno do Concello de Bueu.







TALLERES SOBRE “IGUALDADE DE XÉNERO E 
PREVENCIÓN DA VIOLENCIA

Como complemento doutras actividades que levemos a cabo no centro, terán lugar unha serie de talleres  sobre "a igualdade de xénero e prevención da violencia", impartidos pola psicóloga do CIM, que serán levados a cabo con todo o alumnado do centro nas seguintes datas:

Luns 9 Novembro
1ºA  10:30 - 11:20h
1ºB   09:40 - 10:30h

Martes 10 Novembro
4ºA   09:40 - 10:30h
4ºB   10:30 - 11:20h

Mércores 18 Novembro 
3ºA   09:40 - 10:30h
3ºB   10:30 - 11:20h

Venres 20 Novembro
2ºA   12:45 -  13:35h
2ºB   11:55 - 12:45h













miércoles, 7 de octubre de 2015




  O programa de Becas da Fundación Amancio Ortega ten o obxectivo de facilitar a aprendizaxe do inglés e a inmersión na cultura estranxeira a xoves de institutos e colexios españois durante un ano académico. Os alumnos/as seleccionados convivirán  cunha familia de acollida e cursarán Grado 11 (nivel equivalente a 1º de Bacharelato). A beca cubre o 100% do custo do curso escolar en Canadá ou Estados Unidos: viaxe, taxa de escolarización, convalidación de estudos, aloxamento e manutención nunha familia de acollida, seguro médico e de accidentes, e el apoio continuado durante os dez meses de estancia.
  O Programa convoca 500 becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros españois, para estudar Primeiro de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos o próximo curso escolar 2016-2017.
80 becas dirixidas a estudantes de centros de Galicia para estudar Primeiro de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.
420 becas dirixidas a estudantes de centros do resto das Comunidades Autónomas para estudar Primeiro 
de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.


REQUISITOS
 Estudar actualmente 4º de ESO nun centro educativo en España e ter                                                           pasaporte español.





  Ter unha nota media igual ou superior a 7 puntos, e unha nota de inglés igual ou superior a 8 en 3º de ESO .
 

 Non haber estudado un ano académico no estranxeiro con anterioridade
(1º, 2º ou 3º de ESO)







Mais información en: https://becas.faortega.org/

lunes, 16 de marzo de 2015

 O QUE QUERO ESTUDAR

Xa sabes en qué che gustaría traballar e queres coñecer qué grao deberías cursar e en qué universidade?.

No siguiente enlace atoparás unha guía para acceder á universidade e orientar o teu futuro profesional.

viernes, 6 de marzo de 2015

8 de Marzo "Día Internacional da Muller.

O xoves 5 de marzo tivemos unhas charlas no centro sobre a igualdade de xénero dirixidas ao alumnado de 1º e 2º ESO, como complemento de outras actividades realizadas con motivo do 8 de Marzo "Día Internacional da muller".