miércoles, 19 de febrero de 2014

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN 
ACADÉMICA E PROFESIONAL


Os días 26 e 27 de Febreiro de 2014 celebraranse as "IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional " dos Concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa, no Auditorio Municipal de Cangas.
 A presentación das mesmas terá lugar  o día 25 de Febreiro ás 19.00 no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado de 4o da ESO, 1º e 2o de Bacharelato e alumnado interesado dos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
As xornadas terán dúas partes. Unha primeira parte que será a que teña lugar no auditorio para o alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP ; e unha segunda parte dirixida ao noso alumnado de 4ºESO que consistirá na visita aos IES mencionados para coñecer as súas instalacións e informarse dos estudos que se imparten.