miércoles, 14 de marzo de 2018

Resultado de imagen de FP

PROBAS DE ACCESO AOS CICLOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR DA FP

 Está aberto o prazo de inscrición ás probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior da formación profesional para o ano 2018 (DOG 8 de febreiro de 2018).

 


A proba de acceso aos ciclos de grao medio acreditará que o aspirante posúe coñecementos e habilidades suficientes para cursar con aproveitamento ditas ensinanzas. É común para tódolos ciclos de grao medio. o seu contido atenderá ao currículo de educación secundaria obrigatoria.

Requisitos de acceso: Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos (non ter o título da ESO) e teñe cumpridos 17 anos ou os cumpra no ano natural de celebración da proba.


Estructura e organización da proba
Parte sociolingüística; Organízase en tres probas:
  -  Lingua castelá.
  -  Lingua galega.
  -  Ciencias sociais.

Parte matemática; Organízase nunha única proba:
  -  Matemáticas.

Parte científico-técnica; Organízase en dúas probas:
  -  Ciencias da natureza.
  -  Tecnoloxía.

Nota:  Nos exames con preguntas tipo test, soamente haberá unha resposta correcta. A cualificación obtida en cada pregunta correctamente contestada será de 0’5 puntos. As respostas incorrectas descontarán 0´125 puntos cada unha. As preguntas non contestadas non descontarán puntuación.


Certificado de realización da proba
Na certificación constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen.
No caso de superación da totalidade da proba, a devandita certificación dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.


As  solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación informática dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.