miércoles, 19 de noviembre de 2014

TALLERES DE CIBERACOSO


O xoves 27 de Novembro levaranse a cabo no noso centro uns talleres sobre Ciberacoso para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Serán impartidos polo pedagogo padronés Ramón Torrente.
O SEGREDO DE UXIA

 
O luns 24 de Novembro todo o alumnado do centro asistirá á representación da obra de teatro "O Segredo de Uxía", que terá lugar ás 16:30 no IES Johan Carballeira.

O espectáculo teatral formativo está escrito e dirixido polo pedagogo padronés Ramón Torrente.

A obra pretende concienciar á sociedade e sacar á luz os malos tratos e os abusos que sofren moitos nenos na súa infancia por parte dos proxenitores, "para aprender deste xeito dos erros e que non volvan nunca máis a ocorrer".  O segredo de Uxía, segundo explica Torrente García, a obra é unha "reformulación total" da estreada en Padrón o pasado ano, na que participaban nove actores. "Agora tan só son dous e ademais da temática que se expón, lánzase unha mensaxe positiva", di o seu autor, quen sinala que en O Segredo de Uxía, combináse ademais dos diálogos, música, coreografías, vídeos e "un compendio de distintas cousas que fan da obra, todo un espectáculo".