miércoles, 19 de febrero de 2014

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN 
ACADÉMICA E PROFESIONAL


Os días 26 e 27 de Febreiro de 2014 celebraranse as "IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional " dos Concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa, no Auditorio Municipal de Cangas.
 A presentación das mesmas terá lugar  o día 25 de Febreiro ás 19.00 no Salón de Plenos do Concello de Cangas.
Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado de 4o da ESO, 1º e 2o de Bacharelato e alumnado interesado dos Ciclos Superiores de Formación Profesional.
As xornadas terán dúas partes. Unha primeira parte que será a que teña lugar no auditorio para o alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP ; e unha segunda parte dirixida ao noso alumnado de 4ºESO que consistirá na visita aos IES mencionados para coñecer as súas instalacións e informarse dos estudos que se imparten. 

viernes, 17 de enero de 2014

ESPECIAL UNIVERSIDADES: Webs de Empleo,Centros de Orientación, Becas, Guias....

Nesta entrada, publicada por Luis Castro Lorenzo en MarcaEmpleo, poderás encontrar toda a información referente ao sistema universitario español (bolsas, emprego, orientación, programas, guías... ) obter información e os datos de contacto da totalidade de universidades españolas, poderás acceder á web de todas as Universidades españolas privadas e públicas por Comunidades Autónomas.

 

 

Pincha na dirección:

http://marcaempleo.es/2013/12/especial-universidades-webs-de-empleo-centros-de-orientacion-becas-guias/ 

jueves, 9 de enero de 2014


VENRES 24 DE XANEIRO de 16h -21h
SÁBADO 25 DE XANEIRO de 09:30h - 14:30h

O programa pode visualizarse no seguinte enlace:

 https://mail.google.com/mail/u/0/?ui=2&ik=c6b4ed689f&view=att&th=1437bc0cbe2807ea&attid=0.1&disp=safe&realattid=f_hpkmd5k40&zw

Lugar de realización: Auditorio de Cangas do Morrazo
Av de Lugo, 27A,
36940 Cangas de Morrazo

COLABORAN:

XUNTA DE GALICIA;
 Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
 Consellería de Sanidade

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO

Para inscribirse nestas xornadas pode facerse a través do seguinte enlace

https://www.edu.xunta.es/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=58857

lunes, 16 de diciembre de 2013

PLAN DIRECTOR PARA A VONVIVENCIA E A MELLORA DA SEGURIDADE 
NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS

Este xoves 19 de decembro teremos no centro unha charla impartida por membros da garda civil sobre:


 

Acoso Escolar (consecuencias do acoso escolar nos que o padecen, así como da responsabilidade de todos de denuncialo e combatelo),







 

e sobre Novas tecnoloxías (riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías a ao uso de redes sociais).  






Participará todo o alumnado da ESO.

martes, 3 de diciembre de 2013

Charla informativa a familias e interesados sobre o TDAH 
(Trastorno por déficit de atención e hiperactividade)



Martes 3 de decembro ás 19:30h no Centro Social do Mar de Bueu.

Trataranse entre outros temas:

- ¿Qué é o TDAH? ¿Qué entendemos por trastorno?
- ¿ Cómo afecta na escola e na familia?
- ¿Que é e que non é o TDAH?. Mitos e falsas crenzas.
- ¿ Como se debe avaliar?
-  Tratamentos mais efectivos
-  Importancia da coordinación familia, escola e profesionais.
- ¿ Qué podemos facer como pais?
-  Pautas que nos poden facilita-lo día a día.

Ofrecida por Aina Oró Pons, Psicóloga e estudante de Psicopedagoxía pola UOC.